VISITA GUIADA AO CASCO HISTÓRICO

As rúas e prazas da zona vella de Compostela son uns dos elementos cos que máis identificamos a esta cidade. Certo é que este bosque de pedra é un dos cascos antiguos máis fermosos de Europa...

E se as pedras falasen?

... Pois abofé que falan! Só hai que escoitalas, coñecelas. Isto é o que facemos nas  visitas guiadas, interpretalas pedras de Compostela a través dun paseo polo Casco Histórico. A orixe da cidade, o fenómenos das peregrinacións, as aventuras e desventuras dalgún arcebispo, lendas urbanas e algún que outro segredo que de seguro vos vai sorprender ;)

VISITA GUIADA AO CASCO HISTÓRICO


Datas e Horarios: a combinar no intre de facer a reserva.

Duración da visita: entre 110 e 120 minutos.

Punto de encontro: Praza da Quintana.

Accesibilidade: itinerario adaptado para personas con mobilidade reducida (distancia de 2'1 km no total, desnivel 26 metros).

SODES UN GRUPO ORGANIZADO E QUEREDES UNHA VISITA GUIADA PRIVADA?

Podemos adaptar horarios segundo a dispoñibilidade, partindo de que o prezo por persona é de 10 € e que é preciso un mínimo de 5 personas (maiores de 12 anos). Aconsellamos que os grupos non sexan de máis de 20 persoas. Para as visitas en galego, por cada 9 persoas ofrecemos unha praza extra de balde.

BUGUINA TURISMO CULTURAL
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar