VISITA GUIADA "MULLERES DE COMPOSTELA"

Que vos parece visitar Santiago de Compostela a través das súas veciñas máis ilustres? Desafortunadamente os nomes das rúas, as estatuas ou os paneis informativos son un bocadiño escasos no tocante á presenza femenina en Compostela... mais EXISTEN e é importante visibilizalas, sobre todo se procuramos unha perspectiva de igualdade de xénero real e actualizada.

"Compostela, territorio das mulleres" é unha proposta da Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago, implicando aos sectores sociais e económicos de Compostela na construción da cidade que queremos: máis accesible, máis inclusiva e máis igualitaria.

O noso grao de area a esta iniciativa consiste en varias accións:

  • Ofrecer unha visita guiada específica sobre "Mulleres en Compostela". Organizamos esta visita guiada de maneira permanente dentro das nosas visitas temáticas.
  • Dar maior presenza ás historias, lendas, etc. nas que hai mulleres  que tiveron un papel salientable que, lamentablemente, foi demasiadas veces esquecido.
  • Usar como identificador nos puntos de encontro unha sella, un recipiente empregado para transportar auga das fontes ás casas, un traballo habitualmente realizado por mulleres.

Vivan as 2 Marías e 1000 grazas á Rosalía!

Datas e Horarios: grupos de máis de 5 persoas, data a combinar no intre de facer a reserva.

Prezo: 10 euros/persoa (imprescindible facer reserva).

Duración da visita: 110-120 minutos.

Punto de encontro: Praza da Quintana.

Accesibilidade: itinerario adaptado para personas con mobilidade reducida (distancia de 1'9 km no total, desnivel 26 metros).

SODES UN GRUPO ORGANIZADO E QUEREDES UNHA VISITA GUIADA PRIVADA?

Podemos adaptar horarios segundo a dispoñibilidade, partindo de que o prezo por persoa é de 10 € e que é preciso un mínimo de 5 persoas. Aconsellamos que os grupos non sexan de máis de 15 persoas. Para as visitas en galego, por cada 9 persoas ofrecemos unha praza extra de balde.

BUGUINA TURISMO CULTURAL
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar