VISITA GUIADA "A MIRADA DE XELMÍREZ"

Diego Xelmirez (1068/70?-1140) foi o primeiro arcebispo de Compostela e unha das figuras más fascinantes da historia de Galicia. Un viaxeiro incansable que transformou a cidade para convertila no principal centro de poder eclesiástico da Península Ibérica do século XII. Protagonista de infinidade de tramas políticas, coroou reis, "tomou prestadas" reliquias doutras catedrais... e a súa vida correo perigo en máis dunha ocasión por ser o principal obxectivo de revoltas populares.

Santiago no sería Santiago sen Xelmírez, probablemente nin aa catedral sería como é sen Xelmírez... ou se cadra si!

Partindo da contorna da Catedral, coñeceremos este persoeiro a través das rúas e prazas do Casco Histórico, que nos llevarán por un percorrido que literalmente moveu Roma con Santiago.

Duración da visita: 110-120 minutos.

Prezo: 10 €/persona. Grupo máximo de 15 persoas e mínimo de 5.

Datas e Horarios: data a combinar cos grupos no intre de facer a reserva).

Duración da visita: 90 minutos.

Punto de encontro: Praza da Quintana, identificarédes-nos polo báculo ;)

SODES UN GRUPO ORGANIZADO E QUEREDES UNHA VISITA GUIADA PRIVADA?

Podemos adaptar horarios segundo a dispoñibilidade, partindo de que o prezo por persoa é de 10 € e que é preciso un mínimo de 5 persoas. Aconsellamos que os grupos non sexan de máis de 15 persoas. Para as visitas en galego, por cada 9 persoas ofrecemos unha praza extra de balde.

BUGUINA TURISMO CULTURAL
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar